A nova Lei de igualdade incorporará un estatuto da muller do mar para recoñecer os dereitos específicos destas traballadoras

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

A conselleira de Emprego e Igualdade en funcións, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro coa directiva da entidade Mulleres Salgadas-Asociación Galega de Mulleres do Mar de Arousa, no que puxo en valor o estatuto para estas mulleres no que está a traballar a Xunta intensamente e no que se recoñecerán os seus dereitos e necesidades específicas.  

A conselleira lembrou que a nova lei de igualdade que está a tramitar a Xunta manterá a Galicia á vangarda nesta materia e na loita contra a violencia de xénero, tamén por incorporar un estatuto específico para as mulleres rurais e do mar, no que se recoñecerán os seus dereitos, con atención ás súas particularidades asociadas.

Lorenzana valorizou no encontro de hoxe á muller do mar e os avances experimentados no eido do seu asociacionismo, un elemento imprescindible para poñer en valor a súa contribución ao avance socioeconómico de Galicia. No encontro participaron Dolores Gómez e Celia Herbón, presidenta e vicepresidenta de Mulleres Salgadas, unha entidade pioneira a nivel autonómico que reúne a mulleres do sector pesqueiro e que, na actualidade, representa a 1.500 traballadoras.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 11/05/2022