A Xunta anima os concellos galegos a sumarse á campaña internacional Quere o teu mercado

A Administración autonómica promove a celebración en Galicia desta iniciativa o vindeiro 28 de maio co obxectivo de atraer clientela aos mercados e prazas de abastos e resaltar os valores da compra local

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Xunta anima os concellos galegos a sumarse á campaña internacional Quere o teu mercado, coa que se busca atraer clientela e promover as vendas nos mercados e prazas de abastos de Galicia, incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local, así como a profesionalidade e o bo facer dos praceiros e praceiras.

 

A campaña, que a nivel internacional está organizada pola World Union of Wholesale Markets (Unión Mundial de Mercados Maioristas), terá lugar en Galicia o vindeiro 28 de maio coa celebración do Día do Mercado. Os concellos que se sumen á proposta coa organización de actividades de dinamización deberán confirmar a súa participación antes do venres 13 de maio á Dirección Xeral de Comercio e Consumo, que lles facilitará material promocional.

 

A Xunta organiza a campaña Quere o teu mercado desde o ano 2015. Tras a suspensión da iniciativa a nivel internacional por mor da pandemia, este ano vólvese poñer en marcha, co obxectivo de seguir a impulsar o papel dos mercados e prazas de abastos como motor do comercio local.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 11/05/2022