A Liga Xunta de Galicia de Break inicia a súa tempada no Espazo Xove de Lalín

A capital do Deza é a primeira das dez sedes que percorrerá este torneo no que poden participar persoas maiores de 6 anos

Compartir
  • whatsapp

Lalín (Pontevedra), 14 de maio de 2022.- A Liga Xunta de Galicia de Break inicia a súa tempada no Espazo Xove de Lalín. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu na xornada de hoxe a este campionato; que contou coa participación de bboys e bgirls nas categorías de iniciación, intermedia e avanzada.

 

A capital do Deza será a primeira sede das dez que terá esta liga. Despois de Lalín, o torneo desprazarase o 28 de maio ao Espazo Xove de Viveiro; o 4 de xuño ao de Noia; o 2 de xullo estará en Porto do Son; o 27 de agosto en Verín; o 10 de setembro en Vigo; o 8 de outubro no Espazo Xove de Pontedeume; o 5 de novembro competirase no Espazo Xove de Ourense; o 19 de novembro en Pontevedra e rematará o 26 de novembro en Santiago de Compostela.

 

Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado salientou a iniciativa organizada polo Goberno galego como oportunidade para impulsar esta disciplina, que nos últimos anos foi gañando afeccionados e profesionalidade. Ademais, subliñou a importancia de achegala á xuventude para fomentar valores propios do deporte como o respecto, o esforzo e a constancia ou traballo en equipo. Por iso, cinco das dez sedes deste campionato celebraranse en Espazos xove.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 14/05/2022