Un grupo de 250 peregrinos da provincia de Lugo completan o seu camiño a Santiago de Compostela

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu hoxe na Praza do Obradoiro aos peregrinos e destacou o auxe do Camiño con máis de 60.000 Compostelas no que vai de ano

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2022.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu esta mañá na Praza do Obradoiro xunto con varios sacerdotes da Diócese de Lugo, a uns 250 peregrinos procedentes da provincia lucense que realizaron desde comezos de ano o Camiño de Santiago por etapas.

Nava Castro destacou a recuperación das peregrinacións en grupos nos últimos meses, o que demostra a importancia do reforzo de Galicia como destino seguro cun Camiño seguro, como acreditan as cifras de Compostelas entregadas no que vai de ano.

No que vai de maio chegaron a Santiago máis de 15.000 peregrinos, cunha media dun milleiro de camiñantes ao día, e desde xaneiro seláronse máis de 60.000, unha cifra récord.

En 2021 xa se superaran tódalas expectativas no Camiño de Santiago coa entrega de case 180.000 Compostelas fronte ás 140.000 previstas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 14/05/2022