A Xunta asiste á ‘I Festa do maior’ do concello de Castrelo de Miño

Castrelo de Miño (Ourense), 14 de maio de 2022.-
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiron á I Festa do Maior organizada polo Concello de Castrelo de Miño. Durante o encontro, o director xeral lembrou que as persoas maiores, ás que agradeceu o esforzo que fixeron durante os momentos máis difíciles da pandemia, poden por fin retomar a súa participación neste tipo de eventos.

 

O director xeral destacou que o Goberno galego apoia ás persoas maiores para que manteñan un ritmo de vida activo alí onde residan. Neste sentido, sinalou que a Xunta pon en marcha programas e iniciativas que lles permitan realizar actividades e relacionarse coas persoas da súa contorna.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 14/05/2022