Miranda asiste en Santiago de Compostela ao encontro de confraternidade coa Asociación Día de Galicia en Asturias

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2022.-
Compartir
  • whatsapp

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe, en Santiago de Compostela, ao encontro de confraternidade organizado pola Asociación Día de Galicia en Asturias, no que tamén estiveron presentes a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o alcalde de Oviedo, Alfredo Canteli, a presidenta do Lar Gallego de Avilés, Ana María Fernández Grela, e o presidente da asociación organizadora, Manuel Fernández Quevedo.

 

A Asociación Día de Galicia en Asturias foi fundada en 1992 e entre os seus obxectivos fundamentais destaca a promoción da cultura galega a través de diferentes actos como concertos, exposicións ou conferencias. Entre os seus socios de honra atópanse Alberto Núñez Feijoo, Marta Fernández Currás ou a propia Ana Pastor. Na actualidade conta con 128 socios.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 15/05/2022