Política Social asiste á segunda xuntanza de persoas maiores do concello de Lousame

Lousame (A Coruña), 14 de maio de 2022.-
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu á segunda xuntanza de persoas maiores organizada polo Concello de Lousame. Durante o encontro destacou a importancia de recuperar estes eventos para que as persoas maiores retomen unha vida activa logo da pandemia.

 

O director xeral sinalou que estes eventos serven para que as persoas maiores que viven no rural socialicen e poidan desfrutar dunha xornada xunto a veciñas e veciños. A xuntanza tivo lugar no restaurante O Trapeiro do concello coruñés.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 14/05/2022