Sanidade habilita a declaración de autotest positivo a través da aplicación 'SergasMóbil' e do número de teléfono 881 540 045

Desde a xornada de hoxe, as persoas que obteñan un resultado positivo poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde dun xeito áxil e cómodo

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Consellería de Sanidade informa que desde a xornada de hoxe, luns 16 de maio, a cidadanía terá a súa disposición dúas modalidades para poñer en coñecemento do Servizo Galego de Saúde o resultado positivo dun autotest covid-19.

As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo dun xeito áxil e cómodo ao Servizo Galego de Saúde. Neste sentido, terán a súa disposición dúas modalidades. En primeiro lugar, a través da aplicación ‘SergasMóbil’, tal e como se explica no seguinte vídeo, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 16/05/2022