Política Social preséntalle ao colexio de Traballo Social a guía Valora-Galicia

É unha ferramenta dirixida aos traballadores de servizos sociais para detectar e valorar posibles situacións de desprotección de menores

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, mantivo un encontro co Colexio de Traballo Social para presentarlle Valora-Galicia, unha guía que permite detectar e valorar, a través de criterios obxectivos, posibles situacións de desprotección de menores.

 

O obxectivo desta ferramenta é facilitarlles a investigación e a avaliación das situacións de desprotección que afectan a nenos, nenas e adolescentes a través da achega de criterios técnicos para a valoración da gravidade destas situacións e as correspondentes tomas de decisión.

 

Coa implementación do instrumento Valora-Galicia na Comunidade o Goberno galego busca mellorar e axilizar a intervención nestas situacións, xa que a utilización dos mesmos criterios vai permitir un coñecemento máis profundo deste fenómeno e unha abordaxe máis homoxénea.

Data de actualización: 17/05/2022