A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe a RTL de Panxón

A Xunta duplica as prazas para desfrutar dun verán en familia nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño ata as 2.000

O Goberno galego volveu ampliar o aforo destas instalacións logo de limitalo o ano pasado por mor da covid-19

O Diario Oficial de Galicia publicará este xoves a convocatoria para que as familias vivan unhas vacacións en familia durante os meses de xullo, agosto e setembro

Compartir
  • whatsapp

Nigrán (Pontevedra), 18 de maio de 2022.- A Xunta duplicou este ano as prazas para desfrutar dun verán en familia nas Residencias de Tempo Libre de Panxón e O Carballiño ata un total de 2.000. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou esta mañá a residencia de Panxón, en Nigrán, para anunciar a publicación desta convocatoria, que terá lugar mañá xoves no Diario Oficial de Galicia.

 

A conselleira concretou que o pasado ano o Goberno galego limitou o aforo nestas estadías por mor da covid-19. Este ano, apuntou, a situación epidemiolóxica permite recuperar os niveis de ocupación de anos anteriores para permitir que máis familias vivan unhas vacacións en familia nestas instalacións durante os meses de xullo, agosto e setembro. O período para solicitar praza abrirase este venres e será de 10 días hábiles, é dicir, ata o 2 de xuño.

 

Fabiola García salientou que, ao igual que o ano pasado, as familias de especial consideración como as numerosas, as monoparentais, as acolledoras ou as vítimas de violencia machista terán prioridade no acceso a unha destas prazas. Ademais, a Xunta adiantou un mes a publicación desta convocatoria para darlle máis marxe ás familias para organizar as súas vacacións de verán.

 

Obras en RTL de Panxón

O Goberno galego realizou importantes obras de mellora na Residencia de Tempo Libre de Panxón durante o último ano. En concreto, investiuse preto de 300.000 euros para a substitución da cuberta e en realizar melloras nos vestiarios para o seu uso por parte do persoal do centro. Deste xeito, segue mellorando as súas infraestruturas para ofrecer unha atención da mellor calidade.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 18/05/2022