A Xunta apoia na comarca do Barbanza a contratación de 76 persoas desempregadas como socorristas e para a prevención de incendios

O delegado da Xunta informou que, nesta área, a Consellería de Emprego e Igualdade investirá máis de 439.000 euros para a contratación de persoas desempregadas para desenvolver este tipo de tarefas a través de dúas convocatorias de axudas que veñen de resolverse

A Xunta financia os contratos que terán que estar vinculados, por un lado, á silvicultura, xestión de biomasa e valorización forestal ou planificación preventive, no caso de Aprol rural, e, doutro lado, á realización de servizos de interese xeral ou social, como é a vixilancia de praias

Compartir
  • whatsapp

Noia (A Coruña), 18 de maio de 2022.- O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, visitou o Concello para  anunciar que a Consellería de Emprego e Igualdade financiará con máis de 439.000 euros a contratación de 76 persoas desempregadas en concellos da comarca do Barbanza; dos cales, 59 (200.000 euros) destinaranse á tarefa de socorristas e 17 (238.000 euros) contrataranse, a través do programa Aprol Rural, para que poidan levar a cabo tarefas de prevención de incendios como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, limpeza de montes e xestión de biomasa.  O Concello de  Noia contará con 4 socorristas e 2 incorporacións do programa Aprol rural grazas a un investimento global de 40.380 euros.

No marco do programa de socorristas, o Goberno autonómico inviste 1,5 millóns de euros para apoiar en preto de 200 concellos galegos a contratación de máis de 450 desempregados e desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social que os concellos soen destinar á contratación de persoal para a vixilancia das praias e espazos fluvais ou piscinas municipais. Os contratos serán de tres meses -no caso de que sexan a tempo completo- ou de seis meses para os de tempo parcial con contías que irán dos 1.555 euros aos 2.700 euros segundo o grupo de cotización das persoas contratadas.  Con esta medida a Xunta persegue mellorar a empregabilidade das persoas participantes e colaborar coas entidades locais  co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego.

No ámbito do programa Aprol Rural, prevese a contratación de 550 persoas desempregadas en toda Galicia en 285 municipios rurais. Os apoios a percibir polas entidades locais, neste caso, van dos 13.970 euros aos 20.250 euros en concepto de gastos salariais segundo o grupo de cotización financiados ao 100% pola Xunta. Tiveron prioridade os concellos fusionados e os emprendedores. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo.

O obxectivo destas axudas é proporcionar ás persoas sen traballo que habitan nos concellos rurais de Galicia -aqueles que non contan con ningunha zona densamente poboada a nivel parroquial- unha experiencia práctica e profesional necesarias para facilitar a súa inserción no mercado de traballo.

 

Aprol Rural forma parte dunha medida activa de emprego dirixida á mellora da ocupabilidade das persoas sen un posto laboral. Os traballadores e traballadoras que se contraten terán que estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

 

Con todas estas medidas a Xunta persegue mellorar a empregabilidade das persoas participantes e colaborar coas entidades locais na integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego.

 
                      

APROL RURAL BARBANZA

CONCELLO
TRABALLADORES
AXUDA CONCEDIDA 
PORTO DO SON
2
 27.940,00 €
BOIRO
2
 28.970,00 €
MUROS
2
 27.940,00 €
RIBEIRA
2
 27.940,00 €
RIANXO
2
 27.940,00 €
NOIA
2
 27.940,00 €
MAZARICOS
1
 13.970,00 €
LOUSAME
1
 13.970,00 €
OUTES
1
 13.970,00 €
CARNOTA
1
 13.921,47 €
POBRA DO CARAMIÑAL (A)
1
 13.970,00 €
TOTAL APROL RURAL BARBANZA
17
 238.471,47 €

SOCORRISTAS BARBANZA

CONCELLO
TRABALLADORES
AXUDA CONCEDIDA
RIBEIRA
8
24.880,00 €
PORTO DO SON
8
30.400,00 €
MUROS
6
20.400,00 €
POBRA DO CARAMIÑAL (A)
6
19.200,00 €
OUTES
6
18.660,00 €
LOUSAME
1
3.110,00 €
CARNOTA
6
22.110,00 €
BOIRO
8
30.944,00 €
NOIA
4
12.440,00 €
RIANXO
6
18.660,00 €
TOTAL SOCORRISTAS BARBANZA
59
200.804,00 €
TOTAL SOCORRISTAS+APROL BARBANZA
76
439.275 €
 
Imaxes relacionadas
Data de actualización: 18/05/2022