A xira do espectáculo 'Rompente. Algo que levar á boca', de Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manolo Romón chega a Madrid co apoio da Xunta

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste ao concerto desta proposta que o ano pasado percorreu oito concellos galegos no marco da programación cultural

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

O espectáculo Rompente. Algo que levar á boca chega hoxe ao Círculo de Belas Artes de Madrid, despois de que o pasado ano percorrese oito localidades galegas. Trátase dunha iniciativa de Rompente. Grupo de comunicación poética, integrado por Alberto Avendaño, Antón Reixa e Manuel M. Romón, que conta co apoio da Xunta no marco do Xacobeo 21-22.

 

No concerto, ao que asistiu o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, Reixa, e Romón xúntanse 40 anos despois cunha proposta na que se mestura poesía con proxeccións audiovisuais para ofrecer un recital de máis dunha hora con accións escénicas, xestuais e construíndo unha polifonía de voces.

 

O espectáculo estreouse en outubro en Pontevedra e incluíu a meirande parte dos textos do seu último libro Que hostia din os rumorosos?, un volume de poesía ilustrado por Menchu Lamas, Antón Patiño e Rubén Romero, con poemas inéditos, na súa maioría, e estruturado en catro partes.  Tamén puido verse na Guarda, Lugo, A Coruña, Vilagarcía de Arousa, Vigo, A Estrada e Ferrol.

Data de actualización: 18/05/2022