Lete Lasa destaca o ciclismo como 'bolsa de novos valores' na presentación da Mini BTT Concello de Ribadumia que xuntará a 500 nenos e nenas

Lembra os cinco centros BTT de Turismo de Galicia, así como os pump track indoor instalados pola Secretaría Xeral para o Deporte no Complexo Deportivo de Monterrei en 2021 e nas dependencias do Club Ciclista Maceda en 2016

Compartir
  • whatsapp

Ribadumia (Pontevedra), 20 de maio de 2022 O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe da presentación da IV Mini BTT Concello de Ribadumia que terá lugar o vindeiro domingo 29 de maio e na que participarán un total de 500 rapaces e rapazas das categorías benxamín, promesa, principiante, alevín e infantil.

O mandatario galego destacou que tanto a competición como o ciclismo son “bolsas de novos valores” do deporte galego e destacou precisamente a bicicleta de montaña (BTT) como unha das especialidades con maior tradición en Galicia. Neste sentido lembrou os cinco centros BTT de Turismo de Galicia, así como os pump track indoor instalados pola Secretaría Xeral para o Deporte no Complexo Deportivo de Monterrei en 2021 e nas dependencias do Club Ciclista Maceda en 2016, do que saíu Carlos Canal, o corredor ciclista máis novo en disputar a pasada Vuelta a España.

Lete Lasa subliñou tamén o apoio da Xunta de Galicia aos deportes urbanos, que nos últimos Xogos Olímpicos tiveron o seu debut olímpico como foi o caso do BMX freestyle, o skateboarding ou o basket 3x3, contando ademais que o break dance estará en París 2024 como deporte olímpico invitado.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 20/05/2022