O Comité Educativo aborda os cambios no protocolo implementados polo Goberno do Estado para trasladar aos centros escolares

Desde a prudencia, as medidas avanzan nunha progresiva normalización da situación tras dous anos de pandemia, pero mantendo a ventilación e limpeza axeitadas

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2022.-
Compartir
  • whatsapp

O Comité Educativo -presidido polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez- abordou a actualización do protocolo covid para os centros educativos en Galicia, que incorpora os cambios implementados polo Goberno central aprobados o pasado 3 de maio na Comisión de Saúde Pública e que fixan o escenario para o conxunto do Estado.

 

Así pois, desde a máxima prudencia, séguense dando pasos cara a retomar o escenario previo á crise sanitaria. Neste senso, neste contexto de estabilidade, o protocolo estatal elimina as distancias de seguridade nas aulas así como as limitacións de acceso aos centros de ensino, entre outros aspectos.

 

Ademais, os grupos de convivencia estable poderán interactuar entre si, tanto en interior como en exteriores, coma única excepción para o comedor escolar ou as aulas específicas de Educación Especial. Non obstante, mantéñense as medidas de prevención como a ventilación e a limpeza e hixiene e desinfección.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 20/05/2022