A Xunta destaca a calidade dos recursos naúticos de Galicia como atractivo turístico

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe na entrega de trofeos da Regata da Muller

Destacou o potencial da comunidade para o desfrute do turismo marítimo, con 11 portos deportivos con bandeira azul e 15 con Q de Calidade

Compartir
  • whatsapp

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) , 21 de maio de 2022.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou hoxe na entrega de premios da Regata da Muller-Fase Clasificatoria en Vilagarcía importancia da auga como un elemento que identifica e diferenza Galicia como destino único xogando un papel esencial no desenvolvemento turístico da comunidade, tanto desde o punto de vista deportivo como lúdico.

 

Neste senso, sinalou que Galicia é un destino idóneo tanto para acoller competicións deportivas do máis alto nivel como para o goce do mar desde un punto de vista lúdico, a través dos diferentes deportes náuticos, resaltando as instalacións de vangarda que sobresaen tanto en cantidade coma en calidade na comunidade.

 

Tamén  fixo fincapé na aposta da Xunta de Galicia por potenciar e reforzar o turismo acuático mediante o Plan Estratéxico Galicia Destino Seguro, favorecendo o aproveitamento por parte da nosa comunidade deste recurso.

 

“Dende a Xunta seguiremos impulsando a excelencia das instalacións náutico deportivas, apostando por ofrecer experiencias personalizadas e únicas que só se poidan realizar en Galicia”, concluíu Nava Castro.

Data de actualización: 21/05/2022