O 061 de Galicia asistiu 53 persoas por 43 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 20 de maio ata as 23,59 horas do domingo, 22 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 55 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 23 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 53 persoas debido a 43 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 20 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 22 de maio. O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 15 accidentes de tráfico.

 

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 55 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 43 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 53 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 51% e do 49% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 28% dos atendidos tiña entre 40 e 54 anos.

 

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 19 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 
Provincia
Accidentes
A Coruña
13
Lugo
6
Ourense
5
Pontevedra
19
Galicia
43
 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 50. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 42 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria nun accidente.

 

En 42 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 23/05/2022