A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública na rúa Corporacións Municipais de Foz

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Administración autonómica xestiona neste concello 183 vivendas

Lembra que os interesados en acceder ao parque autonómico residencial poden inscribirse no Rexistro Único de Demandantes durante todo o ano
 

Foz (Lug
Compartir
  • whatsapp

o), 23 de maio de 2022 A Xunta de Galicia entregou hoxe unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro na rúa Corporacións Municipais de Foz. Trátase dun piso de 90 metros cadrados que dispón de catro dormitorios, plaza de garaxe e rocho.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no acto no que a persoa adxudicataria recibiu as chaves, onde lembrou que todos os interesados en optar a alguna das vivendas que xestiona a Administración autonómica a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) poden inscribirse en calquera momento no Rexistro Único de Demandantes, un trámite que poden facer online ou de xeito presencial.

Unha vez que un piso queda baleiro, a Xunta axiliza o procedemento para poñelo a disposición dun novo adxudicatario. No caso de Foz, o IGVS xestiona 183 vivendas de promoción pública.

Programas de axudas

Arias tamén apuntou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a convocar este ano ata unha trintena de programas de axudas para a adquisición ou mellora de vivendas, poñendo á disposición de particulares, entidades locais e promotores máis de 150 millóns de euros para actuar no eido residencial.

Deste volume total, 22,9 millóns de euros están destinados ás axudas que se abriron o pasado martes para apoiar aos cidadáns na execución de obras de rehabilitación enerxética en vivendas unifamiliares e edificios residenciais, que poden chegar a cubrir ata o 100% do custo da actuación. O prazo para solicitalas esténdese ata o 30 de novembro.

Tamén se porá en marcha este mes un programa de préstamos a propietarios particulares con xuros subvencionados para fomentar a rehabilitación, cun orzamento global de 400.000 euros, o dobre de fondos que en 2021.

A Consellería ofrece aos interesados unha guía informativa en formato dixital sobre os programas de axudas para rehabilitación enerxética no eido residencial, un documento que se pode descargar desde a páxina web do IGVS.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 23/05/2022