Galicia pechou o primeiro trimestre como a terceira Comunidade Autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 11,22 días, máis de dez días por debaixo da media autonómica

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 23 maio de 2022 Galicia pechou o mes de marzo como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Murcia e Estremadura, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.

 

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 11,22 días, 10,17 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 21,39. Ademais, tamén se situou case 19 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

  

En canto á débeda comercial, a ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de marzo no 0,11%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,23%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 2.990,5 millóns de euros, dos que 77.103 millóns – o 2,57%- corresponden a Galicia.

 

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma está entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 
 

Período Medio de Pago – Marzo de 2022 (*CCAA réxime foral)

Murcia
 3,30
 
La Rioja
20,89
Extremadura
 9,23
Madrid
21,03
Galicia
11,22
Castilla y León
21,32
Castilla-La Mancha
14,36

TOTAL CC.AA

21,39
Canarias
14,58
Navarra*
24,72
Cantabria
16,15
Baleares
25,26
Andalucía
16,75
Principado de Asturias
26,95
Comunidad Valenciana
18,24
Cataluña
28,49
País Vasco*
20,49
Aragón
41,86

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 23/05/2022