Emigración firma un acordo de colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes retornados en Galicia co fin de facilitar a integración dos bolseiros BEME

A Secretaría Xeral da Emigración destina 20.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozos e mozas retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior

Con este acordo preténdese facilitar a integración laboral e social dos bolseiros Beme e consolidar o seu establecemento en Galicia

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou esta mañá o acordo de colaboración coa presidenta da Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia (AJERGA), María Belén Rosbier, e que permitirá destinar 20.000 euros a esta organización para o financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozos e mozas retornados, organización de actividades culturais e sociais para a xuventude, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia co obxectivo de ofrecer aos galegos que volven á comunidade autónoma a maior cobertura posible no seu proceso de adaptación á sociedade galega.

Este acordo ten como obxectivo establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para desenvolver accións de difusión, acompañamento, información e formación dirixidas ás persoas galegas que residan no exterior, así como as que retornen á Comunidade autónoma galega, especialmente aos bolseiros Beme.  

A Secretaría Xeral da Emigración continúa así a colaboración con esta entidade para ofrecer ás persoas emigrantes retornadas á Comunidade Autónoma a maior cobertura posible no seu proceso de adaptación á sociedade galega, especialmente no caso dos bolseiros do programa Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME). De feito, esta asociación constituíuse en 2019 por bolseiros da primeira promoción deste programa e continúa a medrar cos novos bolseiros que chegan cada ano.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 24/05/2022