Política Social felicita á Asociación Alborada polos 40 anos de traxectoria loitando contra a drogodependencia

Vigo, 24 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta tarde no acto en conmemoración do 40 aniversario da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga ‘Alborada’. Durante o evento trasladoulle á entidade o agradecemento do Goberno galego por todo o traballo realizado durante este tempo para a erradicación da drogodependencia e a favor da inclusión social das persoas que saen desta situación.

Arturo Parrado destacou a importancia de seguir fomentando a colaboración da Xunta de Galicia con todo o tecido social galego, xa que son as entidades as que mellor coñecen as necesidades e as prioridades de actuación ante situacións de vulnerabilidade. Por este motivo, apuntou que o Goberno galego seguirá traballando da man de Alborada e outras entidades a favor das persoas en risco de exclusión.

Data de actualización: 24/05/2022