A Amtega presentou o Plan de reforma da Rede Cemit no III encontro de dinamizadores de centros de competencias dixitais de toda España

O acto organizado pola Asociación Somos Dixital no marco do Foro Derechos Digitales celebrouse esta semana no Centre Esplai, El Prat de Llobregat de Barcelona desde o 25 ao 27 de maio

Este ano, a Amtega compartiu con outros responsables de redes o Plan de Reforma e Ampliación da Rede CeMIT e dirixiu o Taller “Persoas maiores e protección da saúde” no que tamén presentou a iniciativa “Camina en Digital” como exemplo de boas prácticas no impulso do acceso universal e igualitario á entorna dixital

A iniciativa Girl STEAM derrubando estereotipos foi finalista dos Premios Somos Dixital na categoría de inclusión dixital
 

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Rede CeMIT, liderada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), participou esta semana no III Encontro de Dinamizadores de centros de competencias dixitais de toda España que se celebrou en Barcelona no marco do Foro Derechos Digitales baixo a dirección da asociación Somos Dixital e en colaboración coa Plataforma Red Conecta , Fundación Esplai e All Digital.

No encontro os dinamizadores dos centros de competencias dixitais participaron en mesas redondas, debates compartidos con profesionais e expertos, talleres e marketplace onde axentes implicados na defensa dos Dereitos Dixitais e representantes das políticas de transformación dixital expuxeron os avances e metas definidos neste ámbito.

Abordáronse tamén temáticas como a fenda dixital e os colectivos máis afectados para poder propoñer solucións e iniciativas conxuntas, así como, a presentación de proxectos que contribúen a aplicar iniciativas que favorecen os Dereitos Dixitais da cidadanía.

Ademais, entregáronse os Premios Somos Dixital no que a iniciativa impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Agasol Gril STEAM derrubando estereotipos foi finalista na categoría Inclusión Digital .

Participación da Amtega no Foro Dereitos Dixiais

Durante a sesión de arranque, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia presentou o “Plan de reforma e ampliación da Rede de aulas CeMIT. Cara a plena capacitación dixital da cidadanía galega” na xuntanza de responsables de Redes co obxectivo de compartir experiencias e ideas inspiradoras entre os diferentes representantes das comunidades autónomas e organizacións que forman parte da Asociación Somos Digital.

 

Ademais a Axencia autonómica foi a encargada de realizar o relatorio inaugural do Taller “Persoas maiores e protección da saúde” onde se deu a coñecer con datos estatísticos o uso que fan as persoas maiores da tecnoloxía así como a súa evolución nos últimos anos. Tamén reflexionouse sobre as barreiras e o gran abano de oportunidades que a tecnoloxía pode ofrecer ás persoas maiores para o que é esencial que exista un acompañamento e se desenvolvan solucións adaptadas a este colectivo para permitirlles desfrutar da sociedade dixital sen vulnerar os seus dereitos e aproveitando os beneficios da sociedade do benestar.

A Rede CeMIT tamén estivo presente neste taller compartindo como exemplo de boas prácticas no impulso do acceso universal e igualitario á entorna dixital o proxecto “Camina en Digital” levado a cabo no marco da celebración do Día de Internet e que contou coa participación de máis de 700 persoas dos centros de competencias dixitais toda España. Con esta iniciativa, conseguiuse capacitar ás persoas maiores no manexo das ferramentas dixitais para medir pasos e kms nas súas andainas, así como sacar fotografías e vídeos e subilos ás redes sociais acadando os obxectivos de fomentar o uso da tecnoloxía por parte dos maiores e impulsar hábitos saudables.

No marco deste Foro tamén confluiron outros eventos como a celebración da Asemblea da Plataforma Red Conecta e a Asamblea e Xunta Directiva da All Digital que amplían o seu potencial e posibilitan interrelacións a nivel europeo así como o intercambio enriquecedor de experiencias e o networking entre os seus participantes.

 

Asociación Somos Digital

A asociación Somos Digital é unha entidade constituída no ano 2008 co fin de agrupar a institucións, entidades e colectivos que traballan na creación, dinamización e mantemento de espazos públicos destinados ao fomento da Sociedade da Información en España mediante a promoción do acceso da cidadanía á tecnoloxía.

 

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica https://cemit.xunta.gal, impulsada pola Amtega, está integrada por 97 aulas, presentes en 91 concellos. Ou seu obxectivo é promover ou uso da tecnoloxía e a adquisición de competencias dixitais entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 28/05/2022