A Xunta colaborará co concello de Friol para dotar de servizo de abastecemento a parroquia de Seixón

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, trasladoulle este compromiso ao alcalde de Friol, José Ángel Santos, nun encontro de traballo
 

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Xunta colaborará co Concello de Friol para dotar de sistema de abastecemento a parroquia de Seixón.

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, trasladoulle recentemente este compromiso ao alcalde de Friol, José Ángel Santos, nun encontro de traballo.

 

O obxectivo é habilitar o servizo de abastecemento nos núcleos desta parroquia, máis concretamente, en Seixón de Abaixo e Seixón de Arriba, O Vilar, Sucampo, A Lagoa, O Covelo, Cela e A Abelaira.

 

Esta rede, que constará dun orzamento de preto de 200.000 euros, prevé o subministro para 256 habitantes destes lugares.

 

Ademais, a actuación tamén permitirá dar servizo ás granxas e explotacións gandeiras situadas nesa contorna, cuxas actividades económicas pertencen maioritariamente ao sector primario.

 

A Xunta continúa prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade aos seus veciños.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 28/05/2022