A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Anllóns no concello de Cabana de Bergantiños

Estas tarefas desenvólvense nun treito de 720 metros do río, ao seu paso pola parroquia de Corcoesto

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Anllóns, ao seu paso pola parroquia de Corcoesto, no concello de Cabana de Bergantiños.

 

O treito interurbano no que se están levando a cabo estas tarefas suma unha lonxitude de 720 metros. As intervencións céntranse na retirada de vexetación á altura da ponte de Cardezo, así como na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

 

Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

 

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte e nas súas zonas de acceso e protección.

 

A Xunta mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 28/05/2022