A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu a este campionato

A Liga Xunta de Galicia de Break chega esta fin de semana a Viveiro

Compartir
  • whatsapp

Viveiro (Lugo), 28 de maio de 2022.- A Liga Xunta de Galicia de Break chega esta fin de semana a Viveiro dentro do seu percorrido por diferentes localidades de Galicia. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu na xornada de hoxe a este campionato destinado a maiores de seis anos.

 

A liga inaugurouse o pasado 14 de maior en Lalín. Logo do seu paso por Viveiro, as seguintes datas e localidades serán: o 4 de xuño ao de Noia; o 2 de xullo estará en Porto do Son; o 27 de agosto en Verín; o 10 de setembro en Vigo; o 8 de outubro no Espazo Xove de Pontedeume; o 5 de novembro competirase no Espazo Xove de Ourense; o 19 de novembro en Pontevedra e rematará o 26 de novembro en Santiago de Compostela.

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado salientou a iniciativa organizada polo Goberno galego como oportunidade para impulsar esta disciplina, que nos últimos anos foi gañando afeccionados e profesionalidade. Ademais, subliñou a importancia de achegala á xuventude para fomentar valores propios do deporte como o respecto, o esforzo e a constancia ou traballo en equipo. Por iso, cinco das dez sedes deste campionato celebraranse en Espazos xove.

Data de actualización: 28/05/2022