A Xunta asiste ao XXIV Maratón Autonómico Urbano de Special Olympics en Sober

Sober (Lugo), 29 de maio de 2022.-
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu esta mañá ao XXIV Maratón Autonómico Urbano organizado por Special Olympics en Sober. Alí destacou que esta iniciativa permite que, unha vez máis, as persoas con discapacidade poidan practicar e desfrutar do deporte nun ambiente de igualdade.

 

O director xeral destacou que a través de Special Olympics, Galicia segue avanzando cara unha sociedade cada vez máis inclusiva, na que o importante é seguir potenciando a presencia do deporte adaptado para as persoas con discapacidade.

 
Imaxes relacionadas
Data de actualización: 29/05/2022