Sanidade confirma o primeiro caso de variola do mono en Galicia

A persoa afectada polo virus é un varón que pertence a área sanitaria da Coruña e Cee, e permanece illado no seu domicilio

A Dirección Xeral de Saúde Pública xa se puxo en contacto cos contactos estreitos deste positivo e trasladou as recomendacións pertinentes

A partir da vindeira semana, Galicia estará en disposición de realizar as PCR de confirmación diagnóstica deste virus

Nas últimas horas, a Dirección Xeral de Saúde Pública remitiu as mostras de dous novos posibles casos ao Instituto de Saúde Carlos III, ascendendo ata sete, o número total de persoas que presentaron un cadro compatible con esta infección

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Dirección Xeral de Saúde Pública vén de recibir, por parte do Instituto de Saúde Carlos III, a confirmación do primeiro caso positivo en Galicia pola denominada varíola do mono.

 

A persoa afectada polo virus é un varón que pertence a área sanitaria da Coruña e Cee, e permanece illado no seu domicilio. A Dirección Xeral de Saúde Pública xa se puxo en contacto cos contactos estreitos deste positivo e trasladou as recomendacións pertinentes.

 

A partir da vindeira semana, Galicia estará en disposición de realizar as PCR de confirmación diagnóstica deste virus.

 

A confirmación prodúcese logo de que a Dirección Xeral de Saúde Pública enviase ao Centro Nacional de Microbioloxía as mostras de dous novos posibles casos de infección, ascendendo ata sete, o número total de persoas que presentaron un cadro compatible coa varíola do mono.

 

Desde que recibiu a alerta internacional sobre a varíola do mono, o pasado martes 17 de maio, o departamento sanitario da Xunta mantense vixiante para poder identificar e confirmar/desbotar, os posibles casos desta enfermidade.

 

Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 27/05/2022