A Xunta impulsa a formación técnica dos xoieiros galegos nunha xornada sobre regulación de obxectos fabricados con metais preciosos

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na inauguración dunha xornada técnica organizada pola Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros na que se debateu sobre o marco normativo do sector

Na súa intervención, o director xeral destacou que a Vicepresidencia primeira ten a disposición de comerciantes e artesáns unha liña de axudas dotada de 6 millóns de euros para incrementar a dixitalización e mellorar e personalizar o servizo ao cliente

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2022
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá na inauguración da xornada técnica de xoiería A regulación de obxectos fabricados con metais preciosos, celebrada en Santiago de Compostela, e organizada pola Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, en colaboración coa Xunta e a Confederación de Xoiaría de España.

Na súa intervención, Manuel Heredia destacou a importancia de manter a esencia da actividade, sen deixar de lado o cumprimento de todas as garantías que redunden na mellora de atención ao cliente e sen descoidar elementos como a dixitalización ou a personalización dos servizos. Neste sentido, lembrou que a Vicepresidencia Primeira ten a disposición dos comerciantes e artesáns unha liña de axudas dotada de 6 millóns de euros cuxo prazo de solicitude estará aberto ata o 23 de xuño.

Ao longo da mañá, empresarios do sector de toda España puideron expoñer e compartir as súas inquedanzas e visións sobre a adecuación da normativa que regula a fabricación de obxectos con metais preciosos ás necesidades do mercado actual. En concreto, fíxose fincapé en diferentes aspectos do contraste desde diferentes puntos de vista do sector, desde os fabricantes ata os consumidores.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 03/06/2022