A Xunta presenta o novo modelo na ‘XIV Jornada de Seguridad del Paciente en Atención Primaria’ organizada en Madrid

Compartir
  • whatsapp

Madrid, 13 de xuño de 2022 A Xunta de Galicia presentou hoxe o novo modelo de coidados na XIV Jornada de Seguridad del Paciente en Atención Primaria, que foi organizada no Pabellón Docente do Hospital Clínico San Carlos de Madrid. O encargado de achegar os principais fundamentos deste pioneiro sistema do Goberno galego foi o xefe do servizo de Planificación, Innovación Asistencial e Xestión da Información na Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Alfredo José Silva, baixo unha charla co nome Nuevo modelo de integración tecnológica de los cuidados sociosanitarios.

 

Alfredo José Silva centrou a súa ponencia na integración tecnolóxica dos coidados sociosanitarios a través de dispositivos que se utilizan na vida real. Destacou o proxecto da Consellería de Política Social e Xuventude, o living lab sociosanitario, un proxecto de probas levado a cabo na residencia de maiores da Estrada, no que os residentes participaron activamente tanto usuarios como profesionais do centro.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 13/06/2022