A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de 3 ríos ao seu paso polo Concello de Rianxo

Estes traballos de mantemento están a desenvolverse en distintos treitos do río Té, no rego de Batán e no regato do Floxo, nas parroquias do Araño, Asados e Taragoña


Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de máis de 6,5 km


As tarefas, que se centran na retirada de árbores, pólas caídas e tapóns de biomasa para evitar atoamentos, enmárcase no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa


A Xunta mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e favorecer as condicións naturais dos ecosistemas dos ríos
 

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de tres ríos ao seu paso polo concello de Rianxo.

Estes traballos de mantemento están a desenvolverse en distintos treitos do río Té, no rego de Batán e no regato do Floxo, ao seu paso polas parroquias do Araño, Asados e Taragoña.

Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de máis de 6,5 km.

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos, así como na supresión de tapóns formados por biomasa acumulada. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións de Augas de Galicia contribuirán á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 19/06/2022