A Xunta adxudica a redacción do proxecto para rehabilitar o primeiro dos 7 inmobles adquiridos en Ribadavia para destinalos a vivenda en alugueiro

O contrato, que inclúe a dirección da obra, foi adxudicado esta semana por 21.780 €

O Instituto Galego da Vivenda e Solo adquiriu en Ribadavia, no marco do programa Rexurbe, un total de 7 inmobles para rehabilitar por importe de máis de 354.000 €
 

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Xunta de Galicia destinará un total de 21.780 euros á redacción do proxecto de rehabilitación do inmoble emprazado na rúa Cervantes 16, 1 dos 7 edificios adquiridos en Ribadavia e o primeiro que será obxecto de restauración neste municipio. O contrato, que inclúe tamén a dirección da obra, foi adxudicado á empresa DOMOHOMO DESIGN S.L.

O inmoble a rehabilitar foi adquirido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no marco do programa Rexurbe, que permite adquirir e recuperar inmobles en conxuntos históricos e posteriormente destinar as vivendas que se obteñan a alugueiro social destinadas ao colectivo dos menores de 35 anos.
 
Neste sentido, cómpre subliñar que os 7 edificios que se van rehabilitar en Ribadavia foron adquiridos cun investimento total de 354.829 euros, dos cales 37.798 euros destináronse á compra do inmoble da rúa Cervantes.
 
Ademais deste edificio, tamén están en proceso de licitación as redaccións dos proxectos e a dirección de obra doutros dous inmobles, emprazados na praza de San Xoán, 3 e na praza García Boente, 1.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 17/06/2022