Miranda participa en Ortigueira na homenaxe á Sociedade Pro Instrucción, Recreo y Auxilio Mutuo San Claudio, da Habana

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2022.-
Compartir
  • whatsapp

O secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe, en Ortigueira, ao acto en recoñecemento á Sociedad Pro Instrucción, Recreo y Auxilio Mutuo San Claudio, da Habana, polo traballo a prol da educación feito polos emigrantes da parroquia ortigueiresa de San Claudio en Cuba a comezos do século pasado, que permitiu a construción do Centro Escolar que leva o seu nome.

 

Durante esta homenaxe, organizada pola Asociación Centro Cultural Libro Vivo San Claudio, o secretario xeral de Emigración destacou a aposta e o labor pola educación dos galegos que emigraron nos séculos XIX e XX de cara a conseguir o progreso de Galicia. No acto descubriuse unha placa en memoria aos fundadores e actuaron o grupo de Gaitas os Debotos e Marga Lamigueiro Durán.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 18/06/2022