A Xunta asiste ao acto de clausura das aulas senior de galicia da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2022
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acudiu hoxe ao Acto de clausura das Aulas Senior de Galicia da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (ategal) cuxas clases foron impartidas a maiores de 65 anos.

 

Antón Acevedo subliñou a importancia da autonomía persoal dos maiores así como a participación dos mesmos na sociedade. Deste xeito, Ategal traballa na consecución destes valores co desenvolvemento de actividades interxeracionais e de seminarios sobre temas de actualidade e innovación social e tecnolóxica.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/06/2022