Rueda felicita ao Hóckey Club Liceo por ganar a súa oitava liga e engrandecer a historia dunha entidade lendaria para o deporte galego

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, felicitou esta mañá ao Hóckey Club Liceo por ganar a súa oitava liga e engrandecer a historia dunha entidade lendaria para o deporte galego. “Parabéns a todos por levantar nesta tempada unha nova Liga e unha Supercopa de España, que se suma á Copa do Rei que colleitastes a pasada tempada celebrada na Coruña”, abundou.

 

Logo de remarcar que unha das mellores cousas do deporte é a súa capacidade para transmitir emocións, Rueda incidiu en que ningún éxito é illado e que detrás hai sacrificio e compromiso colectivo.

 

Ademais, referiuse á combinación de educación e deporte como unha alianza que sempre dá bos froitos. Nese sentido, salientou que son uns valores que, xunto coa promoción de hábitos saudables, promove tamén a Xunta a través do programa Xogade e do financiamento gratuíto do seguro de todos os rapaces entre 6 e 16 anos.

 

Por último, o presidente da Xunta expresou o seu agradecemento e confianza nos vindeiros éxitos do Hóckey Club Liceo ao tempo que engadiu que “Riazor agarda novas tardes de gloria para o deporte galego nun pavillón tinguido de verde e nun estadio coloreado de branquiazul”.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 22/06/2022