Política Social analiza con Provivienda propostas para favorecer o acceso á vivenda de colectivos desfavorecidos

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2022
Compartir
  • whatsapp

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, reuniuse esta tarde coa directora xeral de Provivienda, Gema Gallardo, co obxectivo de coñecer as propostas desta entidade para o fomento da inclusión a través do acceso á vivenda.

A Consellería xa mantén liñas de colaboración con Provivienda para a posta en marcha de iniciativas que faciliten o acceso a unha vivenda digna das familias e persoas que atravesan unha situación complicada. Con este fin, a Administración autonómica achega 326.000 euros ao ano a esta entidade.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 22/06/2022