Diego Calvo destacou o talento dos deportistas lalinenses na recuperación da súa gala anual

Lalín (Pontevedra), 22 de xuño de 2022
Compartir
  • whatsapp

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, puxo en valor hoxe na Gala do Deporte Lalinense os éxitos e o talento dos deportistas que foron recoñecidos no evento de hoxe. Tamén celebrou que o complexo deportivo Lalín Arena volva acoller a gran a festa do deporte de Lalín despois da súa última edición de 2008.

 

Diego Calvo incidiu en que a gala constata que os deportistas lalinenses collen a testemuña dos anteriores, como se amosou na entrega de premios a representantes de disciplinas como o balonmán, o rugby, o atletismo ou o fútbol a novas promesas e figuras consagradas, todos eles, segundo asegurou o vicepresidente segundo, grandes embaixadores do concello de Lalín e do deporte galego.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 23/06/2022