O Sergas publica os admitidos e excluídos e os exentos e non exentos no exercicio de lingua galega do concurso oposición para cubrir 94 prazas de funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria

Resultaron admitidos, con carácter definitivo, un total de 1.261 aspirantes para cubrir as 94 prazas que se ofertan

A clase con maior número de admitidos é a de farmacéutico inspector de saúde pública, cun total de 253
 

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2022.-
Compartir
  • whatsapp

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á relación definitiva de admitidos e excluídos, así como aos exentos e non exentos, do exercicio de lingua galega, nas probas selectivas para o acceso a diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

O número total de prazas convocadas neste proceso é de noventa e catro, desagregadas nas seguintes clases: farmacéutico inspector de saúde pública (18), inspector farmacéutico (5), inspector médico (19), licenciado en ciencias biolóxicas (3), licenciado en ciencias químicas (5), licenciado en farmacia (6), licenciado en medicina e cirurxía (19), licenciado en psicoloxía (2), ATS/DUE (11) e subinspector sanitario (6).

Nestas probas resultaron admitidos, con carácter definitivo, un total de 1.261 aspirantes que se distribúen por clases: farmacéutico inspector de saúde pública (253), inspector farmacéutico (149), inspector médico (64), licenciado en ciencias biolóxicas (61), licenciado en ciencias químicas (69), licenciado en farmacia (163), licenciado en medicina e cirurxía (81), licenciado en psicoloxía (42), ATS/DUE (241) e subinspector sanitario (138).

Resultaron excluídos o 3,5 % dos profesionais inscritos.

Cómpre destacar que o 96 % das inscricións para este proceso formalizáronse por persoas residentes en concellos da nosa Comunidade Autónoma. O 52 % dos admitidos teñen menos de 40 anos e preto do 82 % son mulleres.

Do total de persoas aspirantes admitidas, 1.232 participan pola quenda de acceso libre, 4 na quenda de promoción interna e 25 pola quenda de discapacidade xeral.

 

As listas coa relación definitiva de admitidos e excluídos e os aspirantes exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, atópanse publicadas, ao dispor dos usuarios, na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante en Fides/expedient-e, no apartado de “Procesos”.

Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposicions@sergas.es.

Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 23/06/2022