Nove padexeiros galegos vinculados ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva acadan no europeo de Belgrado seis medallas e nove postos de finalistas

Este éxito de triunfos para a delegación galega nace dunha excelente clasificación que conseguiron un total de 23 deportistas galegos e galegas que competiron esta fin de semana en Belgrado

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2022
Compartir
  • whatsapp

Un total de nove padexeiros galegos que adestran ou adestraron no Centro Galego de Tecnificación Deportiva e no Complexo de Regatas David Cal de Verducido, da man da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Piragüismo, veñen de acadar seis medallas no Campionato de Europa Júnior e sub 23 de Velocidade celebrado esta fin de semana en Belgrado (Serbia).

Neste sentido, Alba Rodríguez (C2 2OO xuvenil), Pablo Graña (C1 200 sub23) e Mauro Domínguez e Iago García (K4 500 xuvenil) fixéronse coa medalla de ouro; Noel Domínguez e Diego Domínguez (C2 500 sub23) acadaron a de prata; mentres que Pablo Crespo e Jaime Duro (C2 1000 sub23) e Valeria Oliveira (C1 500 xuvenil) a de bronce. Mauro Domínguez e Iago García estiveron becados dous anos no CGTD mentres que o resto dos padexeiros galegos que acadaron medalla atópanse actualmente adestrando no centro de tecnificación pontevedrés.

Cómpre salientar tamén os dez postos de finalistas acadados por Claudia Couto, David Barreiro, Xoel García, Lara Feijóo, Iván Fernández, Irene Lata, Antón Cao, Nicolás Gayol, Mauro Pardavila e David Bautista.

Este éxito de triunfos para a delegación galega nace dunha excelente clasificación que conseguiron un total de 23 deportistas galegos e galegas que competiron esta fin de semana en Belgrado.

Ademais cómpre salientar outro éxito de clasificación para o Europeo de Maratón no que competirán outros 16 padexeiros galegos e galegas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 27/06/2022