A Xunta adxudica 550.000 euros en axudas a 34 festivais de música e de artes escénicas de toda Galicia

A modalidade de subvencións para eventos musicais distribúe 350.000 euros entre 21 citas, dúas máis que o ano pasado, grazas ao incremento do 3% na súa dotación

Barbeira Season Fest de Baiona, Loro Facu de Miño, Música na Rúa de Escairón, Nachiños Fest de Ferrol e Ouren Sound súmanse en 2022 á listaxe de beneficiarios desta convocatoria anual da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades

Apóiase con 200.000 euros a organización de 13 mostras de teatro e danza, catro máis que en 2021, con Cartografía en Movemento de Lugo, Castelo Conta en Culleredo, Danza no Claustro en varios concellos ourensáns, Desfoga de Cambados e Titiriberia de Rianxo como novas incorporacións
 

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Xunta de Galicia acaba de facer pública a adxudicación de 550.000 euros en subvencións a 34 festivais, 21 de música e 13 de artes escénicas, a partir da convocatoria anual de axudas coa que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades contribúe á organización de eventos considerados estratéxicos nos seus respectivos ámbitos.

 

A modalidade específica para encontros musicais incrementou a súa dotación nun 3% respecto do ano pasado, co obxectivo de contribuír economicamente ao progresivo regreso aos formatos e niveis de capacidade previos á crise sanitaria. Deste xeito, os 350.000 euros reservados para esta categoría distribúense entre 21 citas, dúas máis que o ano pasado, das que cinco se estrean en 2022 como beneficiarias desta liña de apoio.

 

Catro incorporacións en música

Así, incorpóranse a esta listaxe o festival Música na Rúa de Escairón con 15.879 euros Ouren Sound de Ourense con 11.657 euros, Nachiños Fest de Ferrol con 11.484 euros, Barbeira Season Fest de Baiona con 10.556 euros e Loro Facu de Miño con 3795 euros.

 

Completan a relación dos 21 festivais de música beneficiarios o Resurrection Fest de Viveiro con 38.139 euros, Festival SonRías Baixas de Bueu con 31.290 euros, PortAmérica  en Portas e Caldas de Reis con 28.132 euros, Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa con 27.063 euros, Festival de la Luz de Boimorto con 26.749 euros, Revenidas de Vilaxoán (Vilagarcía) con 26.276 euros, Maré. Músicas e Artes Atlánticas de Santiago de Compostela con 24.897 euros, Festival Sinsal Son Estrella Galicia na Illa de San Simón (Redondela) con 16.759 euros, WOS Festival en Santiago con 16.516 euros, Vive Nigrán con 14.615 euros, Festival 17º Ribeira Sacra con 11.771 euros en Sober, Pobra do Brollón, Monforte de Lemos e Chantada, Morrasound Festival en Moaña con 11.193 euros, Underfest Son Estrella Galicia de Vigo con 10.962 euros, Festival dos Eidos en Folgoso do Courel con 5205 euros, MelonaFest de Santiago con 4191 euros e Canteira Fest de Vilaboa con 2867 euros.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades complementa esta inxección económica coa que ofrece tamén a través da marca FEST Galicia, creada pola Xunta para colaborar dun xeito especial no marco do Xacobeo 21-22 con festivais que funcionan de xeito profesional e se preocupan por achegarlle valores engadidos á experiencia musical.

Mostras escénicas

En canto á modalidade para encontros de artes escénicas, este ano subvenciónanse 13 mostras, catro máis que en 2021, entre as que se reparte un fondo de 200.000 euros. Tamén nesta categoría hai cinco novas incorporacións respecto ás convocatorias anteriores: Titiriberia de Rianxo con 17.003 euros, Desfoga de Cambados con 5707 euros, Castelo Conta en Culleredo con 4614 euros, Cartografía en Movemento en Lugo con 2866 euros e Danza no Claustro en diferentes mosteiros ourensáns con 2565 euros.

 

A contía restante distribúese entre a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (42.434 euros), Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (39.139 euros),

Festival Internacional Galicreques de Santiago (28.481 euros), Festival Internacional de Teatro de Ourense (22.414 euros), Festaclown de Vilagarcía (12.389 euros), Singular Festival Internacional do Monólogo Teatral            en Narón (10.141 euros), Mostra de Teatro Galego de Cariño (8227 euros) e Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo (4012 euros).

 

A relación complétase co apoio específico á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, a través da sinatura dun convenio de colaboración que lle recoñece a este encontro o seu relevante papel no sistema teatral galego.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 28/06/2022