A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe no acto

A Xunta pon en valor no encontro Ibero-insular de correspondentes xuvenís o papel dos mozos galegos

Unha decena de rapaces de catro institutos de Galicia acudiron ao evento celebrado en Málaga para contar a súa experiencia neste programa

Compartir
  • whatsapp

Mollina (Málaga), 28 de xuño de 2022 A Xunta de Galicia puxo en valor hoxe no Encuentro ibero-insular de correspondentes o papel das mozas e mozos galegos neste programa. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu a este evento no que, ademais de rapaces de diferentes puntos de España e Portugal, tamén participaron unha decena de estudantes de catro institutos de Galicia.

 

En concreto, ao Encuentro ibero-insular de correspondentes que se celebra no Centro Eurolatinoamericano de Juventude (Ceulaj) de Málaga, asistirontres mozas do IES Saturnino Montojo de Ferrol; dous estudantes do IES do Barral e un do Val do Tea, ambos centros de Ponteareas; e catro rapazas do CPI Domingo Fontán da localidade de Portas.

 

O programa Correspondentes Xuvenís ten como finalidade facer partícipes ás mozas e mozos na difusión de axudas, programas ou actividades que son do seu interese. Deste xeito, alumnado de Secundaria, Bacharelato, de Formación Profesional e de Universidades forman parte da iniciativa co obxectivo de a achegar toda esta información aos seus compañeiros e amigos. En Galicia forman parte desta iniciativa que pon en marcha a Xunta uns 500 rapaces.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 29/06/2022