Nava Castro participa na rolda de prensa da presentación dos premios Excellence que terán lugar esta tarde na Coruña

A directora de Turismo de Galicia avanzou que o turismo de cruceiros creceu na nosa comunidade un 16% respecto a cifra previa á pandemia coa chegada de máis de 78.000 persoas aos portos galegos

A Coruña, 29 de xuño de 2022
Compartir
  • whatsapp

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa de presentación da gala dos Premios Excellence, que terán lugar esta tarde na cidade herculina, onde resaltou a crecente recuperación do turismo de cruceiros na nosa comunidade.

Nava Castro puxo en valor a importancia deste sector para Galicia e salientou a recuperación do turismo de cruceiros que superou nun 16% a cifra previa á pandemia coa chegada de máis de 78.000 persoas aos portos galegos.

Dende hai séculos, é ben sabido por todo o mundo que as augas galegas teñen unhas condicións de navegacións excepcionais, cunha contorna accesible a todos os niveis, con 800 millas de magníficos arquipélagos costeiros, múltiples rías e entrantes naturais que crean un paraíso náutico idílico”, salientou Nava Castro.

 

O encontro reúne na Coruña a navieiras, portos, operadores e outras entidades empresariais do sector na súa XV edición, onde se entregarán esta tarde recoñecementos en 15 categorías. Entre elas, encóntranse as de mellor porto español, mellor tripulación, entretemento, navieira, barco, gastronomía, itinerario ou axencia de viaxes,entre outros.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 29/06/2022