A Xunta pon en valor o proxecto 'O Sal do Mar' do grupo de acción local do sector pesqueiro Ría de Arousa para visibilizar o papel das mulleres do sector

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 29 de xuño de 2022
Compartir
  • whatsapp

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, destacou hoxe o valor do traballo do grupo de acción local do sector pesqueiro (GALP) Ría de Arousa para reforzar o papel das mulleres do mar e darlle máis visibilidade a través de programas como O Sal do Mar. Estaa iniciativa, que este ano ten por lema Avanzar compartindo, ten como obxectivo promover a igualdade de oportunidades e o empoderamento das traballadoras deste sector, destacando o seu importante peso na economía galega e na contorna social.

O proxecto está baseado nas necesidades de información e formación expresadas polas propias mulleres que desenvolven a súa actividade no mar polo que, tal e como apuntou a representante do Executivo autonómico, proxectos coma este serven de nexo de unión entre as profesionais do sector ao favorecer a súa cooperación para conseguir importantes obxectivos como a mellora no eido formativo ou a adaptación a retos relacionados coas habilidades sociais, dixitais ou de liderado. Así, na xornada final desta iniciativa Susana Rodrígez animou ao GALP Ría de Arousa a continuar co seu gran labor a prol da igualdade e a unidade no sector pesqueiro e eloxiou o seu compromiso na defensa dos intereses das mulleres do mar.
 

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 29/06/2022