Rueda pon en valor a colaboración entre a Xunta e a Sociedade Impulsa Galicia para encarar os retos das vindeiras xeracións

Destaca a valía das propostas dos expertos galegos para avanzar en proxectos de importancia para o país como o Polo para a Transformación de Galicia

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022 O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe a colaboración entre a Xunta e a Sociedade Impulsa Galicia para encarar os retos das vindeiras xeracións.

 

Nun encontro co Consello de Administración da entidade, o presidente da Xunta destacou a valía das propostas dos expertos para avanzar en proxectos de importancia para o país como o Polo para a Transformación de Galicia.

Alfonso Rueda destacou que a Sociedade Impulsa Galicia se puxo en marcha en plena pandemia como un foro de colaboración público-privada. Unha sociedade que naceu da proposta realizada polo Comité de Expertos promovido pola Xunta "para debuxar o camiño a seguir” e á que o presidente galego lle agradeceu “a súa excelente visión” para encarar os retos da Galicia do 2030, “a que queremos deixar ás vindeiras xeracións".

Rueda subliñou tamén a importancia da colaboración público-privada para impulsar o crecemento e consolidación do tecido empresarial galego. “O que necesitamos para Galicia son boas ideas e bos proxectos” e puxo como exemplo as que derivaron na creación do Polo para a Transformación de Galicia, “con empresas nacionais e internacionais de recoñecido prestixio”.

 

O titular da Xunta de Galicia insistiu na necesidade de que o Goberno central concrete o reparto de axudas para que non queden fóra dos Perte proxectos que son esenciais para o desenvolvemento económico e industrial de Galicia.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 30/06/2022