Galicia afronta a transición ecolóxica como unha oportunidade para o crecemento sostible e a implantación do seu novo modelo industrial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala na III Xornada Finanzas Sostibles que a Xunta busca implicar ao tecido produtivo, ao ecosistema de I+D+i e á cidadanía na consecución destes obxectivos

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2022 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe que Galicia afronta a transición ecolóxica como unha oportunidade para o crecemento sostible e a implantación dun novo modelo industrial baseado no coñecemento, a innovación e a sostibilidade. Conde, que participou nunha mesa sobre os retos da transición ecolóxica dentro da III Xornada Finanzas Sostibles organizada por Abanca en Santiago de Compostela, sinalou que a Xunta de Galicia busca implicar ao tecido produtivo, a todo o ecosistema de I+D+i e á cidadanía na consecución dos obxectivos do Pacto Verde Europeo.

 

Para avanzar neste eido, avanzando na descarbonización e facendo de Galicia un polo enerxético innovador, vén de activarse a Axenda Enerxética de Galicia, que prevé un investimento de 633,5M€ ata 2024, e unha mobilización de máis de 1560M€. Esta folla de ruta, tal e como apuntou o responsable de Economía, Industria e Innovación, prevé introducir no mix enerxético galego novas fontes de enerxía como o hidróxeno verde ou a eólica mariña, desenvolvendo proxectos para a obtención, por exemplo, de biocombustibles. Tamén se abre a porta a novas formas de autoconsumo, como as comunidades enerxéticas locais.

 

Fronte á falta de planificación do Goberno central á hora de abordar a transición ecolóxica, que pode poñer en risco máis de 16.000 empregos industriais en Galicia, o vicepresidente primeiro apuntou que a Xunta toma a iniciativa buscando alternativas e captando proxectos industriais para Ferrolterra. Así, fixo referencia á biofábrica de Ence, a planta de hidróxeno de Reganosa e EDPR, e a fábrica de neumáticos de Sentury.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 01/07/2022