Nava Castro pon en valor a excelencia e a calidade de Galicia como destino turístico no izamento da bandeira Q de Calidade no náutico de Boiro

A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe no acto que tivo lugar na Marina de Cabo de Cruz

Os establecementos galegos co selo Q, que certifica estándares de calidade turística, aumentaron un 40% en dez anos.

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2022 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na colocación da bandeira de Q de Calidade no Club Náutico de Boiro, onde destacou que grazas a calidade e o compromiso da Comunidade coa excelencia, acadáronse este ano 166 bandeiras azuis que ondearán en 112 areais, 11 portos deportivos, 14 centros e 29 sendeiros.

Os establecementos galegos co selo Q, que certifica estándares de calidade turística, aumentaron un 40% en dez anos. Neste senso, Castro destacou que a calidade é un sinal de identidade do noso destino turístico, “Galicia Calidade é moito máis ca unha frase o un slogan, representa o impulso cara a excelencia no que levamos traballando desde hai moito tempo desde a Xunta de Galicia”.

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia destacou a importancia de acadar este tipo de distincións que contribúen á dinamización turística e posicionamiento do destino como destino de calidade debido a que constitúen un elemento determinante na toma de decisións para un importante e numeroso colectivo, tanto de turistas nacionais como internacionais.

 

Esta calidade é conseguida tras a aposta por un traballo constante no que diariamente se pretende a procura da cultura do detalle e o perfeccionamento” finalizou Castro.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 01/07/2022