Fernández-Tapias dalle a benvida á Feira do Libro de Vigo e lembra a figura "única" do escritor Domingo Villar

A delegada territorial de Xunta en Vigo participou este venres na inauguración na rúa do Príncipe dunha nova edición da feira, adicada este ano ao autor vigués recentemente falecido

Vigo, 1 de xullo de 2022
Compartir
  • whatsapp

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este venres na inauguración da Feira do Libro de Vigo que se celebrará ata o vindeiro 7 de xullo na rúa do Príncipe. A representante autonómica destacou durante a súa intervención a figura “única” do escritor Domingo Villar, falecido repentinamente hai uns meses e a quen está adicada a nova edición da feira.

“Imos botalo moito de menos, pero estou segura de que a mellor forma de lembrar o seu traballo e coa cita como a que hoxe inauguramos aquí. Domingo estaría orgulloso de que a rúa do Príncipe volva a lucir coas súas casetas, gozaría coma un neno pequeno revisando as novidades e estaría encantando de firmar os seus exemplares”, sinalou Fernández-Tapias.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 01/07/2022