Fernández-Tapias e mulleres en igualdade presentan en Vigo a I Carreira Solidaria + Xuntos contra a violencia de xénero

Compartir
  • whatsapp

Vigo, 1 de xullo de 2022 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto a presidenta de Mulleres en Igualdade, Patricia Román, presentou a I edición da carreira solidaria contra a violencia de xénero que, baixo o lema “Máis Xuntos” terá lugar o vindeiro 10 de xullo.

"Estamos aquí para dar forza e apoiar a todas as mulleres nun obxectivo común que é o de acabar con calquera tipo de violencia sobre a muller", asegurou a representante autonómica. Durante a súa intervención, recoñeceu sentirse impresionada coa confesión da atleta galega Ana Peleteiro ao relatar que sufriu abusos sexuais nunha relación anterior e que, cando sucedeu, non era consciente do que estaba a vivir.

Ao fío Fernández-Tapias, quen destacou a importancia de ter unha Consellería específica pola Igualdade, sinalou que a Xunta de Galicia continuará dando apoio directo ás vítimas e seguirá loitando para erradicar a violencia de xénero. Unha tarefa que apuntou  “só se conseguirá co compromiso de todos e todas”, facendo referencia expresa a que “Todos somos unha sola marea! Non hai xénero para loitar contra a violencia de xénero!”, un dos lemas da carreira.

A I edición da carreira solidaria +xuntos contra a violencia de xénero partirá do Centro Comercial de Travesía o vindeiro domingo ás 10.30 horas e tras percorrer 5 quilómetros chegará o Centro Comercial Gran Vía onde está previsto celebrar a entrega de premios.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 01/07/2022