A Xunta amosa ao xefe superior da Policía Nacional en Galicia as instalacións da AGASP e a AXEGA e o seu funcionamento como centros de referencia

A Estrada (Pontevedra), 4 de xullo de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) recibiron hoxe a visita do xefe superior da Policía Nacional en Galicia, Ramón Gómez Nieto, quen coñeceu as instalacións acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o xerente da AXEGA, Marcos Araújo, e o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal.

No percorrido, Gómez Nieto interesouse polo funcionamento dos diferentes departamentos dos dous centros, ambos referencia en Galicia na formación de corpos e forzas de seguridade, no caso da AGASP, e da xestión das emerxencias, no da AXEGA. 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 04/07/2022