Fernández-Tapias abre as portas dos locais do Consorcio Casco Vello a máis dunha trintena de interesados

A delegada territorial da Xunta en Vigo, fixo un percorrido polos baixos comerciais xunto cos representantes de empresas e autónomos que están interesados en concorrer á oferta pública

O concurso para adxudicar os baixos ás empresas establece rendas mensuais que van desde os 74 ata os 255 euros e o prazo estará aberto ata o vindeiro 8 de agosto

Compartir
  • whatsapp

Vigo, 4 de xullo de 2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Marta Fernández-Tapias, realizou este luns un percorrido polos locais do barrio histórico que o organismo sacou a concurso público para que as empresas poidan concorrer ao seu alugueiro.

Máis dunha trintena de persoas, entre representantes de empresas e autónomos, acudiu á xornada de portas abertas celebrada hoxe. A representante autonómica e o xerente do organismo autónomo, Alfonso Ramos, amosaron a todos eles as instalacións que están a disposición dos interesados.  

O Consorcio publicou o pasado 27 de xuño no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) as bases do concurso de alugueiro dos vinte locais con prezos que van desde os 70 euros (rúa San Sebastián, 8) o máis barato ata os 255 euros o máis caro (Subida á Costa, 5).

Fernández-Tapias lembrou que o Consorcio Casco Vello de Vigo xa propuxo hai máis de dous anos, en febreiro de 2020, alugar un total de 17 locais á Xunta de Galicia por un prezo de 24.816 euros ao ano (sen IVE). “A permanente negativa do alcalde a calquera investimento da Xunta en Vigo xa bloqueou entón un gran proxecto para dinamizar o barrio, pero agora segue empeñado en polemizar a calquera custo e non só oponse a licitar os alugueiros senón que votou dúas veces en contra dos orzamentos”, sinalou.

Como xa explicou a presidenta tras o consello de administración do Consorcio celebrado o pasado mes de xuño, a postura “sen argumentos” dos representante municipais busca paralizar a rehabilitación do Casco Vello. “É contraditorio que estean #de acordo con o Plan de Investimentos e opóñanse a dotar de liquidez ao organismo para acometer as reformas”, sinalou.

En calquera caso, a delegada avanzou que o Consorcio xa avanzou na procura de solucións para evitar a “chantaxe do goberno local” e xestiona fórmulas para lograr financiamento destinado ás reformas e tamén para adxudicar os locais ás empresas do sector cultural que xa o solicitaron
    

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 04/07/2022