Galicia rexistra un total de 14.754 casos activos por coronavirus

Un total de 634.188 pacientes xa están curados


A día de hoxe hai 13.918 pacientes en seguimento nos seus domicilios
 

O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
 

Compartir
  • whatsapp

 

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2022 A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.754 deles 3.026 son da área da Coruña, 2.040 da de Lugo, 2.031 da de Ourense, 1.525 da de Pontevedra, 2.299 da área de Vigo, 2.630 da de Santiago e 1.187 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 806 en unidades de hospitalización e 13.918 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 634.188 persoas curadas, rexistrándose 3.624 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 1 de xullo:
Home de 93 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 83 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 78 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 96 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Día 2 de xullo:

Home de 88 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Home de 89 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 91 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Home de 93 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 95 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Día 3 de xullo:
Home de 97 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Muller de 89 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.
Muller de 80 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Muller de 99 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Home de 58 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 76 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Muller de 95 anos, na área sanitaria de Vigo.
As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
 
O número de PCR realizadas é de 3.938.653.
 

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.698.575.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

 
Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras
As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, terán a súa disposición dúas modalidades para poder facelo dun xeito sinxelo. En primeiro lugar, a través da aplicación SergasMóbil, tal e como se explica no seguinte vídeo, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.

Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 05/07/2022