A Xunta participa na inauguración dun grupo escultórico na residencia Santa Teresa Jornet da Coruña

A Coruña, 5 de xullo de 2022
Compartir
  • whatsapp

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou esta tarde na inauguración dun grupo escultórico na residencia Santa Teresa Jornet da Coruña. Durante o encontro puxo en valor a calidade asistencial deste centro e agradeceu o labor das Hermanitas de los Ancianos Desamparados pola súa traxectoria dando coidado e atención ás persoas maiores.

 

O conxunto escultórico foi doado por unha usuaria en honor aos pais fundadores da congregación das Hermanitas de los Ancianos Desamparados, propietaria da residencia. Fabiola García estivo acompañada do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 05/07/2022